Domingo 4 de Setembro: A Pegada de Roldán : Percorrido pola Serra da Loba, nas terras altas do concello de Aranga, até a ermida de San Vitorio, as mámoas do Galiñeiro e a mítica pegada de Roldán.
Sábado 24 de Setembro: O Balneario do Bocelo : Nas beiras do Mandeo, nun lugar de beleza extraordinaria, as ruínas do outrora concorrido balneario do Bocelo dannos pé para completar un percorrido por unha oculta zona do concello padernense.
24 e 25 de Setembro: Exposición fotográfica: O material recollido en anteriores roteiros serve de base para esta primeira exposición fotográfica sobre o noso patrimonio natural e cultural.