Tampoco esta vez puido ser. O incomprensible e anacrónico caciquismo imperante no Concello de Paderne impediu unha vez máis que o ciclo de conferencias titulado Os diálogos de Paderne se puidese celebrar dentro de territorio padernense. A negativa da institución municipal e dalgunha asociación satélite a ceder locais públicos e comunitarios para este fin provocou que nin a conferencia de Beiras nin a proxección do documental A ceo aberto tivesen lugar neste concello mariñán, reduto do feudalismo máis extemporáneo. Paderne é unha ferida aberta no corazón dunha das zonas presuntamente máis desenvolvidas do País.
O noso agradecemento tanto ao Concello de Bergondo (curiosamente, do mesmo signo político que o de Paderne!) e á asociación veciñal A Irmandade de Bemantes (Miño), que xentilmente acolleron os actos prohibidos en Paderne.
14 de Decembro de 2007
Beiras abre o ciclo 2007/2008 dos Diálogos no exilio de Bergondo
Beiras escrebe encol da súa experiencia padernense neste incisivo artigo publicado no xornal GALICIA HOXE.
16 de Febreiro de 2008 A ceo aberto, un documental sobre As Encrobas no veciño Bemantes (Miño)
Décadas de loita contra os xigantes recollidas de primeira voz neste dignísimo documental, certeiramente realizado por Xosé Bocixa. Fermosa xornada de convivencia, onde os veciños da Lousa nos transmitiron boa parte da súa actitude vital.
O verbo limpo e claro de Beiras ecoou na aula municipal de cultura de Bergondo nunha conferencia lúcida na que o doutor compostelán analisou a actualidade política da Galiza actual. Beiras, unha voz singular, independente, incorruptíbel. Un luxo para o País e para os padernenses desprazados ao outro lado da ponte para poder escoitalo.

Avance do documental en youtube
